Un golpe na cabeza, causa da morte do atropelado en Santiago

O detido está en prisión provisional e, despois de recoñecer os resultados da autopsia, a súa defensa solicitou a súa posta en liberdade

G24.gal 06/11/2023 09:48

A autopsia revela que a causa da morte foi un golpe no cranio. O falecido, veciño de Conxo de 59 anos, saíra a pasear o can por esta zona e foi atropelado.

Un mozo foi detido horas despois de recoñecer que el fora o autor do atropelo, porque pensaba que home era o que estaba picando as rodas duns vehículos da empresa familiar.

O detido está en prisión provisional e, despois de recoñecer os resultados da autopsia, a súa defensa solicitou a súa posta en liberdade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade