Tirapuxa no Senado polo acordo entre o PSOE e os independentistas

Os ministros en funcións deféndeno a prol da concordia e da paz en Cataluña

O PP e Vox din que só responde ao interese de Sánchez de aferrarse ao poder

G24.gal 07/11/2023 20:39 Última actualización 07/11/2023 20:43

O acordo entre o PSOE e os independentistas centrou esta tarde boa parte da sesión de control ao Goberno no Senado. Os ministros en funcións defendérono a prol da conconrdia e da paz en Cataluña. Tanto o PP coma Vox din que só responde ao interese de Pedro Sánchez de aferrarse ao poder. 

José Antonio Monago, senador do PP, di: "Vostedes son uns radicais, porque tan radical é o que intenta un golpe de Estado como o que lle pide perdon ao que comete o golpe de Estado. E tan radical é o que quere romper España como quen paga millóns de euros polos seus votos a cambio".
 

Pilar LLop, ministra de Xustiza en funcións, responde: "Eu creo en España. E na convivencia e na concordia. E creo que a concordia é ceder dun lado e ceder do outro".
 

Ángel Pelayo Gordillo, de Vox, argumenta: "O do seu goberno golpista non vai de concordia nin de restaurar nada. Vai de oportunismo político cínico e profundamente inmoral".
 

Félix Bolaños, ministro de Presidencia en funcións, di: "Vostedes queren conseguir na rúa o que non lles deron as urnas. E quéreno conseguir con crispación, con odio e con mentiras. Pero non o van conseguir."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade