Tellado cuestiona que Sánchez queira pactar co PP ao estar "amordazado" polos socios

O voceiro do Grupo Popular no Congreso confirma que Núñez Feijóo acudirá a unha reunión se Pedro Sánchez o convoca

G24.gal 09/12/2023 15:00 Última actualización 09/12/2023 15:13

O voceiro do Grupo Popular no Congreso cuestiona que Pedro Sánchez queira chegar a acordos co PP porque está "amordazado", di Miguel Tellado, polos seus socios. Se ben, asegura que o Partido Popular está disposto a falar de cuestións de Estado e confirma que Núñez Feijóo acudirá a unha reunión se Sánchez o convoca.

"Sánchez en realidade non sei se quere chegar a acordos co PP, o que creo é que non pode, e non pode porque non lle deixan os seus socios. A realidade é que hoxe temos en España un presidente do Goberno amordazado polos partidos que o fixeron presidente e, por tanto, Sánchez é refén dos seus propios pactos de goberno, que lle impiden manter posturas de Estado que antes si tiña o PSOE e que agora abandonou", di Miguel Tellado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade