Sete mil espectadores gozan cun novo triunfo do Deportivo Abanca

Mantense á fronte da 1.ª RFEF feminina logo de gañarlle ao Alavés por 2-1

G24.gal 12/11/2023 20:03

O Deportivo Abanca continúa sumando os partidos na casa por vitorias. E este triunfo contra o Alavés tivo como engadido que non se xogou en Abegondo, escenario habitual dos seus partidos. O equipo foi a Riazor onde conseguiu meter sete mil espectadores. 

Os goles tardaron en chegar. Millene anotou mediado o segundo tempo o que daba tranquilidade, porque non lle estaba a ser nada doado abrir a conta ao cadro deportivista. 

Pouco despois marcou Ana de Teresa o segundo gol. O equipo de Irene Ferreras está a gañar, pero nunca por unha marxe moi ampla. De feito recortou diferenzas Sara Carrillo para as vitorianas, que acabaron engarrafando o Deportivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos