Ser cabeza de serie na Eurocopa, o reto para España en Chipre

Coa clasificación no peto, os de Luis de la Fuente intentarán asegurar a primeira posición do grupo

G24.gal 15/11/2023 22:48

Coa clasificación para a Eurocopa xa selada, e á falta de dúas xornadas para pechar a fase de grupos, España mídese a Chipre. O obxectivo agora é manter o liderado para ser cabeza de serie no sorteo. Chipre, sentenciada dende hai tempo, é, a priori, un rival máis que accesible. Pero Luis de la Fuente non reduce a esixencia.

O seleccionador ten todos os xogadores dispoñibles, tamén a Gayá e a Ferrán. E sobre todo a Oyarzabal, no seu mellor momento tras unha longa lesión.

É o momento, dixo o seleccionador, de que España amose o potencial de que dispón con vistas á Eurocopa. A selección non se sente favorita, pero confía nas súas opcións no torneo.

Agárdase cheo no Limassol Arena para ver o partido. Chipre, goleada ata cinco veces nesta fase, é última de grupo con cero puntos tras sete derrotas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar