Rueda: "Temos a tarefa colectiva de erradicar a violencia machista"

Xosé Ramón Gómez Besteiro reclama máis investimento e educación para acabar con esta lacra

Pontón comprométese a dedicar o 1 % dos orzamentos á loita contra a violencia machista se chega á Xunta

Elena Rivo: "Gustaríame que o Estado puxese máis medios contra a violencia machista"

 

G24.gal 25/11/2023 18:58 Última actualización 26/11/2023 09:15

O presidente da Xunta dixo que a erradicación da violencia machista é unha tarefa prioritaria e colectiva. No acto institucional do 25-N no Castelo de Soutomaior, salientou a importancia de chamarlles ás condutas machistas polo nome e de traballar na prevención.

Cinco mulleres do eido educativo, sanitario, ou das forzas de seguridade compartiron a súa experiencia traballando na prevención da violencia machista. Chaman a atención sobre o aumento de casos entre a mocidade.

Alfonso Rueda destaca a importancia da prevención e da unidade para conseguir erradicar esta lacra. Neste sentido, lembrou a aprobación da lei galega de igualdade e dixo que a Xunta vai incrementar en 2024, ata os 23,5 millóns de euros, o orzamento contra a violencia machista.

Este foi o evento central do programa organizado esta semana polo Goberno galego contra a violencia machista. O domingo culmina cunha andaina que partirá ás once de mañá do Monte do Gozo.

Máis investimento e educación

En Lugo, o deputado Xosé Ramón Gómez Besteiro estivo na lectura do manifesto contra a violencia de xénero, un acto que correu a cargo de representantes do CD Lugo.

O candidato socialista á presidencia da Xunta asegura que se trata dunha data especial, pero que debera ser todos os días, por iso reclama máis investimento e educación. 

Pola súa banda, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, comprometeuse a dedicar o un por cento dos orzamentos da Xunta á loita contra a violencia machista se acada a confianza da cidadanía para ser presidenta.

A líder nacionalista, que participou na marcha de Santiago de Compostela, pensa que a prevención é clave para atallar a violencia machista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar