Rueda convida a Sánchez a reunirse en Santiago como con Aragonès en Barcelona

Alfonso Rueda insiste en que non vai aceptar que se discrimine a Galicia para favorecer outras comunidades autónomas

O presidente da Xunta convida a Sánchez a unha reunión en Santiago como as que terá en Cataluña ou no País Vasco

G24.gal 30/11/2023 22:53 Última actualización 01/12/2023 10:56

O presidente da Xunta Alfonso Rueda convida a Pedro Sánchez a unha reunión en Santiago como a que vai ter con Pere Aragonès este mes en Barcelona. Díxoo nunha entrevista emitida na Televisión de Galicia o xoves á noite. O xefe do Goberno galego falou das demandas de Galicia ante a Moncloa na lexislatura que acaba de botar a andar.

Alfonso Rueda di que a Xunta ten a man tendida para colaborar co Goberno, pero insiste en que non vai aceptar que se discrimine a Galicia para favorecer outras comunidades autónomas. O presidente da Xunta celebra que arrancase a lexislatura e haxa un Goberno co que falar dos proxectos pendentes en Galicia, que requiren coordinación con Madrid, e avisa que a Xunta non vai tolerar tratos de favor con comunidades autónomas como o País Vasco e Cataluña.

O presidente do Goberno autonómico destacou entre os asuntos pendentes do Goberno con Galicia os fondos europeos, que volveu pedir xestionar dende aquí, o traspaso da AP-9 para poder abaratar as peaxes ou a chegada do AVE ás cidades galegas. Sobre a data das eleccións autonómicas, Rueda di que en Galicia "serán durante o primeiro semestre do ano que vén" e pídelle á oposición que faga "unha oposición construtiva" en lugar de falar da data dos comicios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar