Cargando resultados...
Policías e gardas civís protestan en Barcelona contra a amnistía
Policías e gardas civís protestan en Barcelona contra a amnistía
Medio cento de axentes levaron a protesta ás portas da Cidade da Xustiza

G24.gal
10/11/2023 15:04
En Barcelona concentráronse este venres ao mediodía medio cento de axentes da Policía Nacional e membros da Garda Civil para protestar contra a lei de amnistía.
A protesta estaba convocada na Cidade da Xustiza, coincidindo coa citación de sete axentes investigados pola súa actuación durante os disturbios rexistrados tras a sentenza do un de outubro.
Na concentración, apoiada por PP, Vox e Ciudadanos, leuse un manifesto de apoio ás forzas e corpos de seguridade do Estado.