Pedro Sánchez ultima a composición do seu novo executivo
Pedro Sánchez ultima a composición do seu novo executivo
Segundo fontes socialistas, o presidente podería anunciar o seu equipo ministerial este luns

Tras a súa promesa como presidente do Goberno, agora Pedro Sánchez é o que manexa os tempos. Pero, segundo fontes socialistas, o anuncio da formación do novo executivo podería se demorar ata o luns.
A formación de goberno é unha cuestión persoal e, atendendo ao acontecido en ocasións anteriores, hai marxe para sorpresas e nomes que non entran nas quinielas.
Unha das incógnitas que se despexará é se continuarán no Consello de Ministros as seis persoas que levan con Sánchez desde o principio: Nadia Calviño, Teresa Ribera, Margarita Robles, María Jesús Montero, Luis Planas e Fernando Grande Marlasca.
Nas remodelacións e posteriores gobernos, o presidente nomeou 42 ministros, pero esas catro mulleres e eses dous homes estiveron sempre dende 2018, cando prosperou a moción de censura.