O Rácing sobrevive ao Leganés e á actuación do colexiado (2-2)

Iker Losada e Señé adiantaron o Rácing ao cuarto de hora

O árbitro asubiou un penalti inexistente e expulsou a David Castro á media hora

G24.gal 26/11/2023 15:47

Unha decisión do colexiado asturiano González Díaz marcou o partido entre o Leganés e o Rácing. O penalti e a expulsión de David Castro cando o cadro departamental gañaba por 0-2 marcou o partido. 

O inicio do Rácing foi asoballador. Non lle pesou que diante estaba o líder, entrou con personalidade, manexou con seguridade e antes do minuto quince gañaba por cero a dous. Iker Losada acertou cun remate desde a frontal da área e Josep Señé culminou unha fermosa xogada de todo o ataque racinguista. 

Iamos camiño da media hora e non podía marchar mellor o partido. Ata que apareceu o colexiado González Díaz. Asubiou un penalti nun contacto moi leve e, lonxe de rectificar a decisión no VAR, decidiu expulsar a David Castro. Neyou transformou o penalti e, co Rácing tocado no anímico, Diego García empatou antes do descanso.

Quedaba unha segunda metade de moito sufrimento en inferioridade numérica. Avisou Miguel ao pouco de comezar pero o Rácing estivo moi serio en defensa e aguantou o dominio do Leganés. Ata entrar nos últimos dez minutos. Raba en dúas ocasións e Diego García atoparon as intervencións de Cantero que salvou o Rácing. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar