O Rácing non se fía da mala secuencia de resultados do Burgos como visitante

O dianteiro Álvaro Giménez só quere falar dos "cincuenta puntos" como obxectivo prioritario

G24.gal 17/11/2023 21:27

O Rácing volve ao fortín da Malata no que parece un partido trampa. O Burgos perdeu os sete encontros que leva xogados fóra da casa. O cadro departamental non quere poñer en perigo a súa serie de resultados que o ten quinto, en zona de playoff, aínda que poucos se atreven a soñar en voz alta.

O protagonismo dos estremos eclipsa o dianteiro centro. Pásalle a Alvaro Giménez. Só leva un gol na liga, o que valeu a vitoria contra o Zaragoza. Pero grazas aos dous que marcou na Copa o Racing buscará a seguinte rolda fronte o Leganés, ó abrigo da Malata.

Precisamente o lider Leganés é a próxima saída na liga. Así que sumar os tres puntos deste domingo na Malata e aínda máis importante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar