O Pontevedra non pode co Raio Cantabria nun partido de dominio total en Pasarón

O equipo granate tivo unha manchea de ocasións, pero non puido marcar

G24.gal 05/11/2023 19:01

O Pontevedra non puido aproveitar o empate do Zamora na Magdalena e, logo de igualar tamén sen goles contra o Raio Cantabria, queda aos mesmos catro puntos na clasificación.

O encontro tivo un dominio total por parte dos granates, e resultou incrible que non puideses lo9grar ningún gol. Si que acabou un balón na portería do filial cántabro. Foi axiña, no minuto 8. Pero o árbitro anulou o gol de Rufo por unha suposta man.

Despois chegarían moitas máis ocasións, pero non era o día da dianteira pontevedresa. As máis claras serían un remate potente ao traveseiro de Dalisson, xa na segunda metade, e unha nova ocasión de Rufo que, en posición correcta no tempo engadido, rematou frouxo coa cabeza.

O empate mantén a serie sen perder do Pontevedra, que xa ascende a nove partidos, pero o equipo é agora terceiro, por detrás do Zamora e do Ourense C. F.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos