O pobo armenio, vidas entre o exterminio e o éxodo

100.000 armenios fuxiron en setembro da súa terra pola conflito en Nagorno Karabaj 

G24.gal 28/10/2023 15:30 Última actualización 27/10/2023 19:53

Sempre hai outras guerras que deixan nun segundo plano o sufrimento do pobo armenio. Hai unhas semanas 100.000 armenios tiveron que fuxir do Alto Karabaj para evitar ser masacrados polo exército de Acerbaixán.

Lonxe da súa terra viven xa sete millóns de armenios. En Galicia están unhas poucas familias, a penas 50 persoas. Vahe, Anne e Artak, residentes na Coruña desde hai décadas, relatan para No Foco a persecución que vive o seu pobo desde hai máis dun século. E achegan o seu punto de vista sobre as causas das recentes guerras e as súas implicacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos