O Liceo comeza a Champions sufrindo o rigor do Barcelona (8-2)

O conxunto catalán sentenciou no primeiro tempo cunha tripla de João Rodrigues

O Liceo recortou na segunda parte e tivo a ocasión de poñerse 5-3

G24.gal 30/11/2023 21:29

A realidade deste ano do Liceo semella estar lonxe do potencial habitual que amosa o Barcelona. Na primeira xornada da Champions de hóckey con patíns o conxunto catalán impúxose no Palau por 8-2 (5-0 ao descanso). 

Os primeiros cinco minutos resultaron letais para os liceístas, que viron como o coruñés Alabart e o exliceísta Marc Grau marcaban de inicio. O partido estivo equilibrado ata o treito final, en que apareceu o goleador portugués João Rodrigues para marcar unha tripla nun abrir e pechar de ollos que sentenciaba o partido. 

Na segunda metade o Liceo tirou de orgullo e recortou diferenzas cos goles de Tomás Pereira e Dava Torres. Tivo o equipo coruñés unha bóla parada para poñer o 5-3, pero errou. e o Barcelona non perdoou contra o final do partido. Barroso, Pau Bargalló e outra vez João puxeron o definitivo marcador de 8-2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos