O Deportivo non acaba de despegar e esgota a paciencia da súa afección

O cadro coruñés é o cuarto equipo galego da categoría na clasificación

O Celta Fortuna perdeu a posibilidade de subir ao primeiro posto

O Arenteiro demostrou en Lugo a fiabilidade tamén como visitante

G24.gal 27/11/2023 20:11

O Deportivo estragou unha oportunidade de ouro para remontar postos na clasificación. Os resultados adversos de moitos dos seus rivais directos esta xornada facían pensar no mellor pero os coruñeses tampouco fixeron o seu traballo.

O equipo ten ocasións pero cústalle materializalas. Suma catro vitorias, dúas delas na casa, sete derrotas e tres empates. Dezaoito puntos en total. O Dépor, décimo primeiro, está a sete puntos do descenso e a sete dos postos de promoción. A Riazor empézaselle a esgotar a paciencia.

En Barreiro medíanse dous filiais potentes e por alí se deixou ver Rafa Benítez. Sorprendentemente, dous erros defensivos do Celta Fortuna en apenas dez minutos propiciaron a vitoria da Real Sociedade B, novo líder de grupo.

O Arenteiro confirmou as boas sensacións das últimas xornadas no Anxo Carro, onde protagonizou un gran partido tanto en defensa como en ataque. Iván Ramos, substituto do lesionado Marquitos, asinou o gol da vitoria. O Lugo dispuxo de ocasións pero non puido evitar que os tres puntos marchasen ao Carballiño. O Arenteiro sobe ata a novena posición e sitúase a dúas vitorias das prazas de promoción para o ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar