O Deportivo empata co Sestao sumido na mediocridade (1-1)

Aranzabe adiantou os visitantes e Balenziaga logrou o gol do empate

Impotencia total dun equipo que foi despedido con apupos

G24.gal 10/12/2023 18:01

O Deportivo amosou diante do Sestao unha das versións máis mediocres de toda a temporada. Non pasou do empate e amosouse incapaz de xerar oportunidades contra outro rival que vai pelexar por evitar o descenso. 

Foi a mesma cantiga que noutros moitos partidos. Un querer e non poder dun equipo inoperante en ataque. Tiña a posesión pero sen profundidade. O Sestao, cómodo atrás e lanzando rápidas contras como a que deu orixe ao primeiro gol do partido anotado por Aranzabe no minuto 28. 

A sorte para o Deportivo foi que Balenziaga empatou no 35 e evitou males maiores porque a ansiedade do equipo e da afección podía chegar a límites insospeitados. 

Na segunda parte en absoluto melloraron as sensacións. Idiakez tirou de canteira coa entrada de Mella ou Kevin, mantendo a Yeremay no campo cando parecía mancado. Case non houbo remates a portería agás un de José Ángel no minuto noventa. O público despediu o equipo con apupos e a situación semella insostible cun aspirante ao ascenso directo a dez puntos do líder. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar