O Deportivo agárrase aos goles dos centrais para sobrevivir (1-0)

Pablo Martínez marcou o gol da vitoria contra o Nàstic de Tarragona

G24.gal 29/10/2023 20:38 Última actualización 29/10/2023 20:55

Custoulle ferro e fariña, pero chegou a primeira vitoria do Deportivo como local. Gañoulle ao Nàstic grazas a un tanto de Pablo Martínez á saída dun córner no minuto 72. 

O control do partido na primeira parte foi do Nàstic. Impediu calquera achegamento do Deportivo e nas contras xeraba moito perigo. Un lanzamento de Andy Escudero desde o centro do campo foi unha das mellores ocasións e houbo un gol anulado a Pablo Fernández por unha falta anterior de Jardí. Do cadro coruñés só hai que subliñar un tiro de Villares e outro de Hugo Rama.

Tivo que haber bronca no descanso porque a saída da segunda parte foi totalmente diferente. O Deportivo, moito máis agresivo, comezou a xerar oportunidades. Lucas e Martín Ochoa tiveron a posibilidade de gol pero amosaron un gran desacerto. 

O Nàstic soubo sufrir, pero, cando parecía controlar o encontro, viu como marcaba o Deportivo á saída dun córner. Rematou Pablo Martínez, que marcaba o primeiro gol coa camisola branca e azul. 

De aí ao final, o Deportivo estivo sólido en defensa e esqueceuse do ataque, consciente de que conseguir o primeiro triunfo na casa da temporada era vital. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos