O BNG pon en marcha un consello asesor para reforzar o seu programa de goberno

Ten como obxectivo "impulsar unha gran transformación económica e poñer Galicia a producir"

Presentación do Consello Asesor do BNG
G24.gal 18/11/2023 21:11

O BNG reuniu por primeira vez o consello asesor que traballará na elaboración do seu programa de goberno con vistas aos comicios autonómicos que se van celebrar en 2024. A formación nacionalista destacou o traballo que terá o grupo de persoas expertas en distintas áreas de actuación, centrado no ámbito económico.

Traballarán en ámbitos como a innovación e a transformación tecnolóxica e industrial, a recuperación e a xeración de máis valor engadido nos nosos sectores produtivos, a resposta á emerxencia climática, o deseño dun modelo enerxético que poña a riqueza eléctrica do país ao servizo da sociedade ou o desafío da axenda territorial, urbana e do desenvolvemento rural.

Ana Pontón presidiu a xuntanza deste consello. A voceira nacional do BNG agarda que citas coma as de hoxe sirvan para apañar ideas que permitan presentar un programa transformador

"É moi importante acertar coas diagnoses e propoñerlles aos galegos e ás galegas as mellores solucións pensadas e deseñadas desde a nosa propia realidade", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade