Jesús Bernal marca o ritmo do Rácing desde o centro do campo

É un dos mellores recuperadores da Segunda División e está a chamar a atención de equipos de Primeira

G24.gal 16/11/2023 20:02

Ten motivos abondo Jesús Bernal, e á par o racinguismo, para sorrir. Neste Rácing de récord, revelación da Liga, todo vai sobre rodas. Bo momento tamén no persoal. Bernal é un dos mellores recuperadores da categoría e está na axenda de máis dun director deportivo.

Mesmo se permite algunha acción espectacular, coma a rabona que precedeu o gran gol de Héber Pena diante do Sporting. Con rabonas ou sen elas, Bernal quere seguir facendo gozar A Malata, que vai camiño dun ano sen ver perder o seu equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos