Gustavo Dacal volve ser o número un na paraxavelina
Gustavo Dacal volve ser o número un na paraxavelina
O atleta galego superou nun metro o récord de España
Recuperouse dunha doenza que estivo a piques de custarlle a vida e agora buscará o xeito de regresar a uns Xogos Olímpicos
Domingo 12 de novembro, na pista do Centro de Tecnificación de Pontevedra. Foi o día e o lugar no que volveu á competición Gustavo Dacal, explusmarquista español de lanzamento de xavelina, que perdeu a mobilidade das pernas o ano pasado logo de contraer o dengue cando traballaba de adestrador en México.
Agora compite na modalidade de paraxavelina, e bateu o récord de España por case un metro cun lanzamento de 29,48. Precisamente na pista de Pontevedra batera o récord absoluto en 2003 con máis de 78 metros, unha marca que tardara quince anos en ser superada. Agora, aos seus 46 anos, está moi ilusionado nesta nova etapa, aínda que a paraxavelina non está no programa paralímpico de París.