Remata a consulta á militancia socialista sobre os pactos para a investidura de Sánchez

Tras cinco días de votación telemática, este sábado os votos eran só presenciais

Patxi López asegura que os pactos benefician a todas as comunidades

Centos de cidadáns protestan contra o acordo dos socialistas ante a sede do PSOE

G24.gal 04/11/2023 19:40 Última actualización 04/11/2023 22:19

O PSOE dará a coñecer este domingo os resultados da consulta á militancia sobre os pactos de investidura de Pedro Sánchez.

Tras cinco días de votación telemática, a consulta, á que estaban convocados 172.600 militantes socialistas, finalizou este sábado cos votos exclusivamente presenciais.

Na sede socialista de Lugo votou Xosé Ramón Gómez Besteiro, candidato á presidencia da Xunta e membro do equipo negociador para a investidura de Pedro Sánchez, acompañado pola alcaldesa da cidade.

O líder dos socialistas cataláns, Salvador Illa, fíxoo en Barcelona e o voceiro do grupo parlamentario, Patxi López, en Portugalete.

Á espera dos resultados, que se coñecerán este domingo, a maioría destes dirixentes piden prudencia porque as negocacións co PNV e Junts aínda non están pechadas e defenden a axenda social, feminista e ecoloxista pactada con Sumar, ERC, Bildu e o BNG.

"E é verdade que tamén un goberno centrado na recuperación do reencontro e a convivencia en Cataluña e por iso adoptará decisións valentes como a lei de amnistía e outras cuestións que se pactaron cos nacionalistas cataláns, pero que lle van vir ben ao conxunto das comunidades, como é a condonación de parte da débeda".

López denuncia a campaña da dereita contra os socialistas e pídelle ao PP que lle poña fin.

 "Pode gustarlle nada a lei de amnistía ou o propio goberno socialista, pero hai cousas que son moi perigosas, porque non sabemos como acaban".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade