Feijóo di que as cesións aos independentistas son "un disparate democrático sen límite"

O líder do PP sostén que o seu partido "non deixará pasar nin unha" nas institucións e tamén na rúa

Para Feijóo, Sánchez está "usurpando a historia do PSOE" e acabará por levar o partido "á nada"

G24.gal 05/11/2023 14:20 Última actualización 05/11/2023 15:11

Alberto Núñez Feijóo segue coa xira que o PP denomina "a favor da igualdade de todos os españois". Este domingo miles de persoas congregáronse en Valencia. Alí, o líder do Partido Popular asegurou que as cesións de Pedro Sánchez ante os independentistas non son pola reconciliación nin pola convivencia e moito menos por España.

"Non é para pasar páxina. Sabedes por que? Porque o independentismo, que non mente, dixo que a amnistía será o punto de partida para a independencia. E esíxese que pidamos perdón os que cumprimos a lei. Isto é un disparate democrático sen límite, sen antecedentes".

Sostén Feijóo que nunca se traspasaran as liñas vermellas coma agora en 45 anos de democracia. Tamén avisa de que o PP actuará contra a amnistía en todos os ámbitos, desde os concellos ata a maioría do Senado, e en instancias xudiciais e europeas, sen esquecer as rúas.

"Mentres sigan da man da mentira, da desigualdade e do privilexio vannos ter enfronte, porque estamos ao lado da maioría dos españois. Por iso imos estar nas rúas de España a carón da maioría e enfronte das minorías".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade