Feijóo anuncia protestas contra a amnistía en todas as capitais o domingo
Feijóo anuncia protestas contra a amnistía en todas as capitais o domingo
O Partido Popular revélase contra os pactos de Sánchez para alcanzar a investidura
Rueda cifra en 400 euros o que cada galego perde co acordo entre Sánchez e os independentistas cataláns

Nun contexto de incerteza política, marcada polas reunións do Goberno en funcións cos demais partidos políticos, o PP realiza a súa Xunta Directiva Nacional. Un tema principal: a desconformidade absoluta cos pactos e a protesta pública contra eles.
O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, mantense tallante en canto ás bases do pacto do PSOE con ERC. Un acordo que xa foi firmado o pasado 3 de novembro e que trae con el unhas polémicas propostas que non gustan nada en Xénova: a amnistía do procés e as quitacións da débeda catalá.
Feijóo non se mostra "amedrentado" fronte a isto e toma acción para demostrar o descontento da súa formación. Este domingo, 12 de novembro, as 12:00 horas, o Partido Popular estará nas prazas de todas as capitais de provincia de España, para protestar contra os pactos.
"Na rúa, nos Concellos e comunidades autónomas onde gobernamos, en concellos e comunidades onde goberna a oposición para que se retrate o PSOE, coa maioría absoluta no Senado e como grupo parlamentario no Congreso; con un rotundo non á investidura de Pedro Sánchez e un rotundo si á liberdade, igualdade e dignidade dos españois", recalcou.
A isto súmaselle a participación na manifestación convocada pola sociedade civil na praza de Cibeles de Madrid, o 18 de novembro.
📅 12 de noviembre a las 12:00h.
— Partido Popular (@ppopular) November 6, 2023
📍 En todas las capitales de provincia.
👉 Contra la amnistía, por la igualdad.
🇪🇸 ¡No nos van a callar! pic.twitter.com/0nj3sv4Dm0
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, estivo na executiva nacional, e asegurou que os cartos que se lle van perdoar a Cataluña van ter que pagalos o resto de comunidades. Rueda cifra en 400 euros o que cada galego perde co acordo entre Sánchez e os independentistas cataláns