España métese na final da SSL Gold Cup

O combinado nacional conseguiu repoñerse logo dunha mala salida 

Dentro do equipo atópanse os galegos Chuny Bermúdez e Nico Rodríguez

G24.gal 02/12/2023 18:56 Última actualización 02/12/2023 19:17

Xa temos finalistas da SSL Gold Cup, unha regata que imita o formato dun mundial de fútbol, que se celebra en Gran Canaria desde hai case un mes. E entre eles está o equipo español. 

O combinado liderado por Luis Doreste, no que forman Chuny Bermúdez á cana e Nico Rodríguez como trimer, meteuse na gran final de mañá cunha remonta logo dunha mala saída na semifinal de hoxe contra Hungría, Nova Zelandia e Francia. A gran final dispútase mañá contra Hungría, Países Baixos e Italia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar