Detido un home en Samos por unha presunta agresión machista

Tamén deixou ferido grave o dono do local onde se produciu a agresión

O individuo está en prisión provisional e sen fianza

G24.gal 30/11/2023 13:51

Un veciño de Sarria duns trinta anos de idade foi detido pola Garda Civil logo de, presuntamente, agredir varias persoas neste local de hostalería situado no lugar de Frollais, no concello de Samos. O home comezou unha discusión coa súa parella, unha moza de nacionalidade brasileira, e chegou a golpeala. O dono do establecemento, veciño de Triacastela e de 55 anos, tentou frear a agresión e tamén foi atacado. O hostaleiro recibiu un forte golpe, caeu ao chan e quedou inconsciente logo de bater coa cabeza. Aínda así, o presunto agresor seguiu a mallar nel.

Os clientes da cantina deron aviso á Garda Civil de Samos e aos servizos de emerxencias sanitarias. O dono do local foi trasladado ao hospital Lucus Augusti e tivo que ser atendido na UCI. Arestora continúa hospitalizado.

Os axentes identificaron o presunto agresor, que foi detido pouco despois e pasou a disposición xudicial nos xulgados de Sarria. Permanece en situación de prisión provisional sen fianza e está sendo investigado por dun delito de intento de homicidio contra a súa parella e de lesións contra o hostaleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade