Davo salva a cabeza de Idiakez cun gol no último minuto (1-2)

O Deportivo remontou no Johan Cruyff o gol inicial do Barcelona B cos goles de Villares e Davo

G24.gal 03/12/2023 19:12

O Deportivo reviviu no Johan Cruyff cun triunfo tan agónico como transcendental ante o filial do Barcelona (1-2). O partido puxérase moi complicado co gol inicial do cadro catalán, pero, cando a cabeza de Idiakez penduraba dun fío, apareceu a mellor versión na temporada do Deportivo para remontar. 

No primeiro tempo houbo moita igualdade, con ocasións para os dous equipos. Adiantouse o Barça cun gol de Pau Víctor no minuto 19. Respondeu ben o equipo coruñés e Diego Villares empatou no 31. 

No segundo tempo o Deportivo deu un paso adiante. Os de Idiakez foron superiores e tiveron dous remates que se estrelaron contra os paus protagonizados por Lucas e Villares. Cando os esforzos parecían infrutuosos apareceu o criticado Davo para marcar o gol da vitoria no terceiro minuto do engadido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar