Davo: "O público pode opinar o que queira, pero os asubíos non axudan"

O extremo asturiano confía en Idiakez para sacar o equipo da mediocridade clasificatoria en que se atopa 

G24.gal 29/11/2023 20:31

O Deportivo prepara a vindeira visita ao filial do Barcelona. Nese partido está en xogo algo máis que os tres puntos; os coruñeses precisan un cambio de rumbo para poder chegar á parte alta da táboa. Mesmo pode estar en xogo o posto de Imanol Idiakez, moi cuestionado como responsable dos frouxos resultados que está a sacar o cadro coruñés. 

O extremo asturiano Davo, un dos máis criticados polo seu baixo rendemento, entende o malestar da afección pero cre que as pitadas non axudan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar