O Breogán rexorde no último cuarto para gañar un duelo vital co Zaragoza (82-77)

Entrou no período final por debaixo no marcador (52-57), pero atopou o camiño do aro no treito decisivo en que chegaron a ter unha vantaxe de quince puntos

G24.gal 26/11/2023 14:07 Última actualización 26/11/2023 14:24

O Breogán sumou a terceira vitoria da temporada, un partido vital diante dun Zaragoza que dominou o encontro durante tres cuartos pero que caeu diante do acerto breoganista no derradeiro período. 

O partido comezou cos maños por diante, pero con igualdade ata o 5-5. Chegou entón un parcial de 0-7 a prol dos visitantes que resultaría decisivo durante o resto da primeira metade, xa que as vantaxes do Zaragoza oscilaron en torno a eses 7 puntos. Así, cun 16-23, rematou o primeiro cuarto.

No segundo a vantaxe medrou e volveuse reducir. O Breogán conseguía gañar ese parcial por 18 a 17, co que o encontro marchaba ao sdescanso cun 34-40 que deixaba todo aberto.

No terceiro cuarto mantívose o intercambio de anotacións cunha renda para o Zaragoza, que foi minguando no treito final. A primeira canastra do último, unha tripla de Momirov, e outra canastra de Jogela igualaban o marcador a 57.

Foi o inicio dun último cuarto no que o Breogán tivo uns minutos brillantes. Conseguiu unha diferenza de ata quince puntos (80-65) nun intre no que lle saía todo en ataque. A remonta quedou un pouco empañada no treito final no que perdeu parte da vantaxe pero o triunfo, que era o importante, quedou no Pazo (82-77).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos