Bolaños explica este xoves en Bruxelas a postura do Goberno sobre a lei de amnistía

A Comisión Europea evitou de momento pronunciarse sobre a norma

Félix Bolaños nunha conferencia de prensa Félix Bolaños nunha conferencia de prensa
G24.gal 29/11/2023 19:03

O ministro da Presidencia viaxa á capital comunitaria para dar a coñecer á Comisión Europea a posición do Executivo español sobre a lei de amnistía.

Félix Bolaños reunirase en primeiro lugar coa vicepresidenta do Goberno comunitario para Valores e Transparencia Beira Jourová e despois co comisario de Xustiza Didier Reynders, tras o cal comparecerá ante os medios de comunicación. 

Os encontros deste mércores foron solicitados polo propio ministro, despois de que o comisario Reynders pedise por carta detalles adicionais sobre o alcance persoal, material e temporal da lei de amnistía.

A Comisión Europea evitou de momento pronunciarse sobre a norma e asegurou que non o fará ata que o Congreso aprobe a versión definitiva do proxecto de lei, suxeito aínda a emendas durante o debate parlamentario.

"Estou contento de que puidésemos empezar un verdadeiro diálogo coas autoridades españolas e co Goberno español", asegurou este mércores o comisario de Xustiza Didier Reynders, dado que o seu obxectivo é preguntar unha serie de cuestións e ver en que puntos poden recibir mais informacións.

Nas últimas semanas, a Comisión recibiu peticións do Partido Popular, de Vox e de Ciudadanos para que se opoña á amnistía xa que consideran que vulnera o Estado de dereito, a separación de poderes e a igualdade dos españois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar