As lesións nas ventás internacionais esgotan a paciencia dos clubs da Liga
As lesións nas ventás internacionais esgotan a paciencia dos clubs da Liga
O Celta perdeu a Aidoo para toda a temporada nun amigable internacional
Gavi do Barcelona, Vinicius ou Camavinga do Real Madrid, Oyarzabal da Real Sociedade, Muriqi do Mallorca, os accidentados desta semana
A lesión de Gavi foi o final desgraciado do exitoso camiño da Selección cara á Eurocopa. Un mal movemento deixou KO o xeonllo dereito do barcelonista. Os seus xestos facían temer a lesión grave que despois se confirmou: rotura completa do ligamento cruzado anterior e lesión de menisco. Gavi perde o que queda de temporada. Un pau para o xogador de 19 anos, para a Selección e para o Barcelona, que se pode sentir máis prexudicado.
É o segundo mancado desta convocatoria, despois de Oyarzabal, que se lesionou contra Chipre. Pero non son os únicos nestas datas FIFA. O Real Madrid perde a Camavinga e Vinicius para varias semanas. O brasileiro, cunha rotura muscular, ten de baixa ata principios de ano. E o francés ata dous meses por unha rotura de ligamentos. Ancelotti queixouse máis dunha vez polos calendarios, e non é o único.
O Celta quedou sen Aidoo na anterior convocatoria internacional. E o máis chocante foi o caso do mallorquinista Muriqi: para que xogase con Kosovo contra Israel adiouse un Mallorca-Cádiz e lesionouse antes de poder xogar ningún dos dous. A FIFA prevé indemnizacións, pero dificilmente compensan.