As imaxes da árbitra Paula Lema que avergonzan o baloncesto español

A coruñesa foi insultada de xeito moi grave no partido Bembibre-Xirona da Liga Feminina

G24.gal 02/11/2023 13:40

Suceden en Bembibre, O Bierzo, nun partido de baloncesto feminino entre o equipo local e o Xirona. A colexiada coruñesa Paula Lema recibe insultos por parte do individuo que está detrás dunha canastra. Ese afeccionado chamoulle "puta" en reiteradas ocasións e díxolle: "Vai limpar". O equipo local, o Bembibre, condenou os actos. O "seareiro", por chamalo dalgún xeito, non volverá entrar na pista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar