Ferrolterra recupera pouco a pouco a calma tras as inundacións

Propietarias dunha vivenda de Narón xa tomaron medidas para as riadas

G24.gal 15/11/2023 14:56

A comarca de Ferrolterra recupera pouco a pouco a tranquilidade. Non así os veciños que sufriron importantes asolagamentos nas súas vivendas, como unha de Narón construída a uns trinta metros do río Freixeiro, que quedou completamente rodeada de auga e inundada.

Begoña López conta que a súa casa ten 60 anos e que nos últimos xa sufriron varias riadas. Así que para que non as colla desprevidas e para minimizar os danos tamén, decidiron tomar medidas. "Cando vemos que o río leva máis auga, xa levantamos todos os mobles sobre uns soportes e temos a bomba de achique a man".

Tamén tratan de recobrar o ánimo en Santa María de Neda, unha das zonas máis afectadas. Alí afánanse na limpeza e na avaliación de danos. "Estamos tirando todo. Mira como está o colector e o que queda..." "Os danos son incalculables porque aquí había de todo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos