Rafa Benítez confía na reacción do Celta: "De once partidos, en nove merecemos máis"

O club vigués recibe o Sevilla en Balaídos este sábado (18:30 h)

"O que aconteceu en Xirona viuno toda España. Son 3, 6 ou 8 puntos que xa non tes", asegurou o adestrador

G24.gal 03/11/2023 11:27

Rafa Benítez agarda que a dinámica arbitral mude no partido do Sevilla. O adestrador considera que están facendo moitos máis méritos que puntos: "De once partidos, en nove merecemos máis. Son 3, 6, ou 8 puntos que xa non tés e si nos entorpecen a carreira cada tres quilómetros é evidente que non podemos chegar os primeiros", asegurou na previa do encontro. 

No VAR estará Prieto Iglesias, o mesmo que interpretou o gol pantasma de Bamba contra o Mallorca ou o gol anulado a Douvikas contra As Palmas: "Véxoo como positivo. Como foi tan evidente o que nos pasou e todo o mundo viu estarán moito máis atentos", comentou o técnico celeste. 

Benítez agarda que todo isto lle sirva ao seu equipo. "Vimos con algo de confianza e con certo malestar. Temos que reconducilo para que nos aporte enerxía".

Por último, lembrou a figura de Diego Alonso, o adestrador sevillista co que coincidiu en Valencia. Malia non xogar, os dous teñen unha moi boa relación e Alonso asegura que Benítez é un dos seus referentes: "Un sempre se lembra do profesor que esixe. Diego Alonso seguro que valora iso".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos