Cargando resultados...
César Carballeira inicia e pecha a primeira vitoria como visitante do Liceo (1-6)
G24.gal
12/11/2023 17:05
O Liceo conseguiu a primeira vitoria como visitante da temporada na pista do Lleida. Tivo que agardar ata a sétima xornada do campionato. O triunfo semella claro (1-6), pero todos os goles chegaron nos últimos doce minutos do partido.
Foi César Carballeira o que abriu a conta e tamén o que a pechou. O coruñés marcou tres goles e volveu ser unha peza fundamental no conxunto liceísta. Dava Torres marcou o segundo e o momento decisivo do partido foi co terceiro gol marcado por Sito Ricart, só oito segundos despois de que o Lleida recortase diferenzas co gol de Nico Ojeda. O cuarto liceísta marcouno Pablo Cancela.