O Celta asalta o quinto posto do Betis na Cartuja (18:30 h)
A praza dos sevillanos podería dar acceso á próxima edición da Champions League
Entre a ida e a volta da Europa League, o Celta ten un compromiso na liga que tampouco é un trámite. Visita ao Betis co quinto posto en xogo.
Onte, última sesión de traballo antes de marchar cara Sevilla. Para ese partido Claudio Giráldez deixou fóra da convocatoria a Cervi, Manu Fernández e Yoel Lago.
E postos a pedir, o técnico ten claro o que quere: que o Betis se centre na competición europea e se esqueza da liga. Así o indicaba Giraldéz entre risas: "Que se centre en Europa...ten moita experiencia xestionando estar en 2 ou 3 competicións. Non teño nada que dicirlle, podería dar un clínic", referíndose a Pellegrini.
O técnico analizou o encontro desde a cautela: "É un partido moi atractivo, precisamos os tres puntos para selar a permanencia e colocarnos de quintos. É difícil atopar unha motivación maior", indicou.
Sobre o Betis, Claudio teno claro: "Están nos oitavos de final, levan toda a temporada entre os cinco primeiros, e un equipo con moitos recursos. Levan catro partidos sen gañar, pero están afeitos a estas situacións", concluíu.