Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta rescata un punto no engadido, despois da remonta do Español en Cornellá (2-2)

O Celta rescata un punto no engadido, despois da remonta do Español en Cornellá (2-2)

Foi chave un gol anulado a Borja Iglesias co 1-1, por un polémico fóra de xogo, xusto antes do segundo local

Finalmente o Panda foi quen de marcar, despois dun bo partido do equipo vigués

G24.gal 14/02/2026 12:54

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza o partido de Cornellá. Español-Celta. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez

E este é o XI inicial do galego Manolo González no Español

1'

Comeza o partido en Cornellá. Español 0-0 Celta

4'

Primeira ocasión de perigo a prol do Español. O envío de Edu Expósito sácao a córner Radu

9'

Roberto plántase no man a man diante de Radu, que lle para o remate, pero a acción estaba invalidada por falta do españolista

18'

Remate de Javi Rodríguez que sae lambendo o pau

27'

Outra boa ocasión do Celta. Rueda asiste desde a dereita, e Borja remata desde a frontal, pero detén ben colocado Dimitrovic

30'

Centro agora desde a esquerda, e remate de Jutglá, que non atopa portería

37'

GOOOOOOOOOOOOOL do CEEEEELTAAAA!!! Abre a conta Ferrán Jutglá, que finaliza unha rápida contra, asistido por Javi Rueda. É o terceiro gol de Jutglá na Liga

44'

Outra ocasión clara do Celta! Falta botada por Miguel Román desde o centro, e Marcos Alonso remata de primeiras, marchando a pelota moi preto do pau

45+3'

Descanso en Cornellá. Español 0-1 Celta

46'

Comeza a segunda metade en Cornellá, coa vantaxe do Celta grazas ao gol de Jutglá

47'

Gran ocasión do Celta, que remata Carreira desde a esquerda, e saca a córner Dimitrovic cunha gran estirada

50'

Segue atacando o Celta, o pase da morte agora de Jutglá non atopa rematador

63'

Balón cruzado de Pere Milla ao que non chega Roberto por ben pouco

65'

Gol do Español. Empata Kike García logo de recoller un balón na área despois dun roubo na saída do Celta. Español 1-1 Celta

73'

Ocasión do Celta que remata Borja Iglesias, e o balón marcha preto do pau

76'

Gol anulado ao Celta. Borja Iglesias caza o balón desde o chan para rematar a gol despois dun rexeitamento. Os xogadores do Español protestan a posición do Panda, e o árbitro vai ver a xogada ao VAR e anula a acción pola posición adiantada do santiagués, malia a que parecía tocar o balón o defensa. O tanto non sube ao marcador

83'

Boa contra do Celta, Borja Iglesias lanza a Mingueza que centra, e Durán non atina no remate

85'

Gol do Español. Terrats centra desde a esquerda, e Dolan marca por abaixo. Adiántanse os pericos no treito final despois do gol anulado ao Celta.

90'

Parede de Iago Aspas con Fer López, e o remate do moañés bate no lateral da rede. Pedía córner o galego, pero o árbitro da saque de porta

90+2'

GOOOOOOOOOOL do CEEEEEELTAAAA!! Remacha Borja sobre a liña un anvío co calcaño de Durán, e agora si había un defensor do Español habilitando a posición do dianteiro. Español 2-2 Celta

90+8'

Final en Cornellá. O Celta foi superior durante moitos minutos, pero tivo que rescatar un punto no engadido despois de que o equipo local conseguira remontar na segunda metade. Foi chave o gol anulado a Borja Iglesias co 1-1

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade