Publicador de contidos

Publicador de contidos

Díaz ponse á fronte da primeira executiva de Sumar sen partidos asociados

Díaz ponse á fronte da primeira executiva de Sumar sen partidos asociados

Os plans trastornáronse tras a decisión de IU de aprazar a súa integración, molesto coas configuración das listas europeas

A dirección, que terá como máximo 25 representantes, configúrase este sábado en Madrid

 

 

Yolanda Díaz nun acto en Madrid o pasado 19 de abril. EFE/ J.J. Guillén Yolanda Díaz nun acto en Madrid o pasado 19 de abril. EFE/ J.J. Guillén
G24.gal 27/04/2024 08:17 Última actualización 27/04/2024 16:35

Yolanda Díaz ponse á fronte da primeira executiva de Sumar, que bota a andar este sábado sen a participación dos partidos asociados, e faino no medio da incerteza que desencadeou a decisión de Pedro Sánchez de anunciar o luns se continúa ou non na Moncloa.

Os socios da vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social neste proxecto non estarán representados nin na dirección nin no grupo de Coordinación Estatal (máximo órgano entre asembleas), tal e como se determinara na Asemblea do pasado 23 de marzo.

Os plans iniciais trastornáronse tras a decisión de IU de aprazar a súa integración polo malestar que xerou a configuración da lista europea (tamén a Más Madrid) e a sensación de estar a ser relegados na toma de decisións.

Isto arrastrou tamén aos comúns, neste caso polo comezo da campaña electoral en Cataluña, polo que finalmente Sumar acordou non convocar a ningún.

Por tanto, a dirección de Sumar, que terá como máximo 25 representantes, configúrase este sábado de momento só con Sumar e quedan vacantes os postos reservados aos socios (un máximo de dous por partido).

O grupo de Coordinación Estatal fórmano 117 persoas, 80 delas de Sumar e 37 asociadas, que son os postos que polo momento non se van cubrir. A xuntanza para elixir os órganos de dirección celébrase no Círculo de Belas Artes de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade