Yeremay, MVP da temporada: "Intentarei axudar para que o Dépor estea en Primeira"
O canario asinou un ano espectacular con 15 goles e 5 asistencias
"O Deportivo é o equipo que amo", asegurou un Yeremay, pretendido por moitos equipos
O xogador de moda no Deportivo e un dos máis destacados da Segunda División foi o deportivista Yeremay Hernández. Recibiu o premio como MVP do cadro coruñés na temporada que acaba de rematar, un galardón máis que merecido despois de asinar 15 goles e 5 asistencias e de converterse nun dos xogadores máis determinantes da categoría no ano da súa estrea.
Moitos falan da súa marcha do club neste mercado de verán, pero Yeremay confesou que "o Dépor é o equipo que amo". Sobre a temporada recoñecer que o equipo tivo momentos altos e baixos pero "o obxectivo marcado cumpriuse coa permanencia". Iso si, o canario é ambicioso e agarda "axudar para que o Deportivo estea en Primeira División o antes posible".