Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay asina os mellores rexistros goleadores da súa carreira

Yeremay asina os mellores rexistros goleadores da súa carreira

O ano da súa chegada (17-18) marcara 17 goles en División de Honra, pero desde entón non houbo ningunha campaña con tanto acerto como a da súa estrea na Segunda División

G24.gal 05/05/2025 19:28

Os números de Yeremay Hernández están a ser abraiantes. O dobrete contra o Albacete colocouno como o cuarto mellor goleador da Segunda División a campaña da súa estrea. Yeremay leva marcados 14 goles, unha cifra coa que ninguén contaba ao comezo da Liga e que fala da progresión meteórica que está a ter o xogador canario. 

O Albacete é a súa vítima propicia -marcoulle 4 goles- e seus goles foron decisivos en multitude de partidos como os das dúas vitorias contra o Rácing de Ferrol ou os que marcou para empatar nos campos do Málaga ou do Mirandés. 

Chama a atención que só no seu primeiro ano como xogador deportivista, alá pola campaña 17-18 cando aínda era cadete, asinara estos rexistros. Daquela fixera 17 goles na División de Honra, na que acadar goles é máis doado que no fútbol profesional. A partir desa campaña os números estiveron entre os 5-10 por temporada, datos máis dun xogador que fabrica ocasións que dun definidor. 

A súa mentalidade cambiou, e iso levouno a ser o xogador estrela deste Deportivo e un elemento moi cobizado no mercado do verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade