Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de limpeza na praia de Area, en Viveiro

Xornada de limpeza na praia de Area, en Viveiro

Máis de medio cento de voluntarios de todas as idades participaron nesta actividade

Félix Aragunde 10/03/2022 14:26

Voluntarios de todas as idades recolleron todo tipo de lixo na praia viveirense de Area. Son os participantes nunha xornada de limpeza incluída no plan de conservación territorial de Afundación.

Entre eles figuran escolares, persoas con discapacidade intelectual da asociación ASPANANE de Viveiro e socios do Espazo +60 desta vila.

Pilar Albes, Responsabilidade Social de Afundación: "Dámoslles unha formación, para que saiban que é o que temos que recoller, luvas e bolsas para que vaian recollendo o lixo que vaian atopando".

Ademais da limpeza de residuos, a actividade ten como obxectivo coñecer a súa procedencia. Trátase de cobrar conciencia sobre a importancia de actuar de forma responsable como sociedade para manter os recursos naturais.

Saleta González, bióloga de Afundación: "É esa dobre función da limpeza en si de restos procedentes das actividades humanas e tamén ten a parte de sensibilización, xa que unha vez que participas unha limpeza es consciente do impacto que causas no medio natural".

Manuel Cernadas, grupo naturalista Hábitat: "Isto non é tanto unha limpeza efectiva, que si o é, senón analizar o tipo de residuos que hai nos areais da nosa costa para intentar atacar na súa orixe e previr a súa chegada".

Ao longo do ano pasado, este programa de conservación do territorio promoveu a recollida de preto de 20 toneladas de lixo por todo o país.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade