Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoán Carlos I reaparece en Sevilla un mes despois do inicio da guerra en Irán

Xoán Carlos I reaparece en Sevilla un mes despois do inicio da guerra en Irán

Chegou desde Abu Dabi nun avión privado na súa primeira visita desde novembro para presidir a corrida de touros do Domingo de Resurrección na Maestranza

Nesta cita coincidiu coa súa filla, a Infanta Elena, nunha xornada marcada polo regreso de Morante de la Puebla
 

Xoán Carlos I, na Maestranza de Sevilla.  EFE/ Julio Muñoz Xoán Carlos I, na Maestranza de Sevilla. EFE/ Julio Muñoz
G24.gal 05/04/2026 18:52

O público da praza de touros da Maestranza de Sevilla recibiu esta tarde cunha ovación a Xoán Carlos I, que asistiu á reaparición de Morante de la Puebla, nunha corrida na que completan cartel o peruano Roca Rey e David de Miranda.

Acompañado da súa filla maior, a infanta Elena, o pai de Filipe VI sentouse no palco da Real Maestranza de Cabalería, da que foi Irmán Maior, xunto ao actual tenente, Marcelo Maestre de León.

Xoán Carlos I non volvera a España desde novembro do ano pasado, cando asistiu o día 22 dese mes ao xantar familiar que se celebrou no Palacio Real do Pardo, organizado para conmemorar o 50 aniversario da restauración da monarquía.

Don Xoán Carlos, que reside en Abu Dhabi desde 2020, tiña intención de participar en marzo na regata que organizaba o Real Club Náutico de Sanxenxo, pero o conflito en Oriente Medio impediullo.

O público ovacionou a Xoán Carlos I na Maestranza. EFE/ Julio Muñoz O público ovacionou a Xoán Carlos I na Maestranza. EFE/ Julio Muñoz
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade