Xisela Aranda, conselleira do Celta, nova directora de Deportes da Deputación de Pontevedra
Aranda formaba parte do consello do Celta desde a chegada de Marián Mouriño, a finais do 2023

Xisela Aranda é a nova directora de Deportes da Deputación de Pontevedra. Así o publica o Boletín Oficial da Provincia este martes 3 de xuño. A resolución da convocatoria, que se publicaba en abril deste ano, indica que ao posto, de libre designación, presentáronse once candidaturas, entre as que saíu elixida a actual conselleira do Real Club Celta.
Analizados os once perfís presentados, a resolución indica que o nomeamento de Aranda realízase en base ao seu "currículo, formación académica e experiencia de exercicio profesional na realización de funcións de dirección, planificación e desenvolvemento estratéxico en materia deportiva, así como na presentación dun proxecto de dirección e xestión das actividades deportivas da Deputación Provincial de Pontevedra aliñado cos obxectivos institucionais desta Corporación".
No seu historial figuran ser campioa de España de squash ata en sete ocasiones e exfutbolista do Tenerife. Aranda, que forma parte do consello do Celta desde a chegada de Marián Mouriño, a finais do 2023, foi a gran cabeza visible do proxecto de fútbol feminino da entidade, As Celtas.