Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xinzo de Limia rexistra a temperatura mínima de Galicia: 7 graos baixo cero

Xinzo de Limia rexistra a temperatura mínima de Galicia: 7 graos baixo cero

Xornada de aviso por frío na provincia de Ourense

G24.gal 26/01/2022 10:55

Chegamos á metade de semana sen cambios na situación meteorolóxica, volverá ser unha mañá de friaxe e xeadas en zonas do interior, aínda que as temperaturas mínimas van subir un chisquiño. Á tarde vai lucir o sol en toda a comunidade e os valores máximos tamén ascenderán. O vento soprará frouxo en xeral e en puntos do litoral pode zoar algo máis intenso.

Pola noite as temperaturas mínimas rexístranse nas comarcas do interior, especialmente no sur de Ourense, onde chegaron a baixar ata os -7 graos baixo cero en Xinzo de Limia.

Temos xeadas, Galicia amenceu tinguida de branco, pero todo parece indicar que as temperaturas irán en aumento nos próximos días. De momento continuamos baixo influencia anticiclónica, con noites moi despexadas, pero cos termómetros marcando temperaturas de friaxe, aínda que non tan intensa. 

Ás dez desta mañá había aínda moitas vilas con temperaturas baixo cero, como Xinzo de Limia, Arnoia, Monforte e Lalín con -3 graos. Con -2 estaban Sarria e Ordes.

No litoral as temperaturas tamén son frías; Pontevedra estaba en positivo, pero a 2 graos, e tamén Foz, na Mariña, con 5 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar