Cargando resultados...
Xa hai calendario na 1ªRFEF
G24.gal
23/07/2022 09:40
Xornada un: o día 28 de agosto. O Depor, o Celta B e o Pontevedra comezan na casa, contra o Dux, o San Sebastián de los Reyes e o Alcorcón. Todo equipos da Comunidade de Madrid. E o Raio Majadahonda vaise medir co Racing de Ferrol alí, en Madrid precisamente.
A xornada 38 témola en vermello no almanaque, nese día non hai un hai dous derbis: Pontevedra - Deportivo e Racing de Ferrol - Celta B. O 28 de maio.
Cousa curiosa: o Deportivo comeza este ano con dous partidos seguidos na casa, cousa que lle agrada a Borja Jiménez.