Williot Swedberg seguirá vestindo de celeste ata 2029
O internacional sueco de 21 anos amplía o seu contrato co celta ata 2029

O extremo esquerdo sueco Williot Swedberg continuará ligado ao R. C. Celta ata o ano 2029, segundo anunciou este xoves a entidade viguesa tras oficializar o acordo de renovación co futbolista.
Con esta renovación por catro tempadas máis, o Celta reforza a súa confianza tanto no potencial e na proxección do sueco como na súa calidade. Na pasada tempada, disputou 32 partidos de LaLiga, 15 deles como titular, nos que anotou 4 goles e repartiu 5 asistencias, confirmándose como unha das pezas clave do ataque celeste.
A próxima renovación que se prevé será a do canteirán Carlos Domínguez, un acordo aínda pendente de oficialización. Ademais, o club está a piques de pechar tamén os acordos con Marcos Alonso e Óscar Mingueza.