Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria para a esperanza no Espiñedo (1-0)

Vitoria para a esperanza no Espiñedo (1-0)

O Arenteiro superou o Talavera e cédelle o posto de pechacancelas

Mingo marcou o gol do triunfo 

Once xornadas despois os do Carballiño volveron gañar

 

G24.gal 07/12/2025 14:07

Como di o refrán , "nunca choveo, que non escampara". Eso foi o que pensaron xogadores e afeccionados do Arenteiro esta xornada no Espiñedo. Porque despois de once xornadas de decepcións, os do Carballiño volveron acadar unha vitoria. Foi nun duelo de necesitados, último contra penúltimo, os dous peores da Liga. Un deses partidos nos que se pon en xogo algo máis que tres puntos. Un deses días que fala de esperanza.

O partido estivo cheo de pelexa. de loita e de medos. Un encontro nutrido pola necesidade, nos que os dous tiveron os seus momentos. Mellor o Arenteiro na primeira parte e na segunda ata que logrou o gol. Mingo no 72. Pero de aí ata o final tocou sufrir porque o Talavera foi arriba, xerou perigo e mesmo reclamou un penalti por unha man que o árbitro, Fernendo Bueno, non considerou.

Con esta vitoria, o Arenteiro suma 13 puntos e abandona o posto de pechacancelas que agora queda, precisamente, para o Talavera.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade