Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo erísexe na capital planetaria do Nadal

Vigo erísexe na capital planetaria do Nadal

O Goberno local inviste 2,5 millóns anuais de euros na iluminación

11 millóns de lámpadas decoran 420 rúas

G24.gal 23/11/2024 15:30

A cidade de Vigo segue apostando pola iluminación de Nadal como foco de atracción turística. O Goberno local asinou un contrato coa empresa Ximénez por valor de 9,5 millóns de euros para instalar as luces nos próximos catro anos. O cálculo de investimento anual toca a 8 euros por habitante. Non é a ratio per cápita máis alta, pero si o volume de investimento global máis elevado.

O rexedor Abel Caballero afirma que outras cidades como Cádiz ou Badalona que están entrando na carreira por ser as que máis decoran as súas rúas "non teñen posibilidade de competir, nada teñen que facer con Vigo".

Once millóns de lámpadas led decoran 420 rúas este ano, que se ampliarán a outras catrocentas o ano que vén, segundo o alcalde.

O retorno económico dáse por garantido. Milleiros de persoas vidas de todas partes do mundo visitan a cidade. Os hoteis rexistran un pleno de ocupación durante dous meses.

Con todo, esta explosión de luz e cor ten a súa cara B. Son numerosos os veciños do centro urbano os que cada vez máis protestan polos prexuízos que o ruído e a masificación provocan na súa vida cotiá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar