Publicador de contidos

Publicador de contidos

As protestas dos agricultores deixan varios feridos en Zamora

As protestas dos agricultores deixan varios feridos en Zamora

Hai nove gardas civís feridos e dúas persoas detidas

G24.gal 05/03/2024 14:09

Varias persoas feridas, entre elas nove gardas civís, e dous agricultores detidos é o balance da violenta protesta desta noite en Zamora.

Os manifestantes tomaron a autovía A-6 ao seu paso por Benavente, onde chegaron a cortar o tráfico e mesmo guindaron pedras contra algúns camións e  queimaron pneumáticos. Para tratar de disolver a concentración, os axentes empregaron gases e dispararon pelotas de goma. 

Amais, este martes os tractores rodearon a sede do Goberno vasco, en Vitoria. Denuncian que as súas demandas non obtiveron resposta e que as políticas non defenden as explotacións familiares.

Tamén en Cataluña, Unió de Pagesos convocou unha concentración diante do Parlamento catalán coincidindo coa celebración do debate sobre agricultura.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar