Publicador de contidos

Unha turba ataca varios Mossos e leva á persoa que detiveran pouco antes

Unha turba ataca varios Mossos e leva á persoa que detiveran pouco antes

Os Mossos dÉsquadra detiveron un home que roubaba nun bar

Seis axentes resultaron feridos con contusións e lesións

Imaxe de arquivo dos Mossos d´Esquadra Imaxe de arquivo dos Mossos d´Esquadra
G24.gal 07/11/2021 17:38

Un grupo de axentes dos mossos viuse obrigado a disparar ao aire tres veces o sábado pola noite en Barcelona tras verse rodeados por un cento de persoas que lles causaron feridas a seis axentes. Lograron fuxir cun home que os policías tiñan detido e esposado na rúa.

Os feitos sucederon pasada a medianoite, cando a policía recibiu unha alerta sobre un home que estaría roubando unha botella de alcol nun bar no distrito de Nou Barris.

Cando chegaron os axentes o home resistiuse polo que o detiveron. Os mossos identificaron outra persoa que se facía pasar por garda urbano sen selo e outra que os gravaba.

Nese instante unha turba dunhas cen persoas achegáronse ata os policías e varias delas fuxiron co home que estaba esposado. Os axentes víronse obrigados a realizar tres disparos ao aire para evitar recibir unha malleira.

Despois lograron deter catro persoas. Unha delas resultou ferida. Entre os axentes hai seis feridos por contusións e lesións e precisaron atención médica.

Máis tarde, o suposto autor do roubo no bar e fuxido da policía entregouse na comisaría de Nou Barris cando aínda permanecía esposado.

Agora investíganse as circunstancias que rodearon o suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade