Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un pesqueiro dos sesenta navega pola ría de Arousa convertido en barco escola

Un pesqueiro dos sesenta navega pola ría de Arousa convertido en barco escola

A bordo do Chasula apréndese a valorar a pesca tradicional e a riqueza das augas galegas 

G24.gal 30/04/2023 19:56 Última actualización 30/04/2023 20:25

En 1960 unha embarcación do cerco, unha tarrafa, saía a pescar por primeira vez con 17 mariñeiros a bordo. Hoxe chámase Chasula porque ese é o nome do aparello co que pescaban fanecas. 

Na navegación programada para hoxe oito tripulantes, todos da zona, aprenden a estrutura da ría de Arousa, a máis grande das galegas, na que afloran máis nutrientes, e coñecen os aparellos que se usaban na pesca tradicional e por que eran mellores para o ecosistema. Na popa de rabo de galo a mariñeira e divulgadora Lidia Nieves comeza coa charla. 

"Falar das riquezas das rías, de todos os seus recursos, e de intentar manter todas estas profesións do mar. Estas saídas están enfocadas á xente de aquí, de diferentes xeracións, e que poidamos compartir coñecementos", conta á TVG.

"Un universo de sabedoría que vemos que está rematando aos poucos, con novas maneiras de ver e de facer. Estase indo algo irrecuperable", explica Isidro Mariño, o patrón do Chasula.  

A visita achéganos ás bateas. Na ría de Arousa hai 2.200 das 3.200 de toda Galicia. A viaxe de dúas horas inclúe unha degustación de produtos do mar derivados da pesca artesanal a bordo, o que os modernos chaman unha experiencia sensorial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar